
Avisos Por mor da colocación dun elevador á altura do nº 7, a rúa do Cardeal Payá quedará cortada ao tráfico o mércores 8 de febreiro, entre as 11:00 e as 19:00 horas. Os vehículos autorizados que acceden ao casco histórico por esta rúa deberán facelo pola Porta Faxeira.
O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar.
Por mor das obras de construción do túnel das Cancelas, é preciso cortar ao tráfico a rúa Monte dos Postes, en sentido subida cara á avenida do Camiño Francés, permitíndose a baixada cara á Fonte dos Concheiros. O desvío cara á rúa Monte dos Postes farase pola Fonte dos Concheiros e avenida Rodríguez de Viguri. O corte comezará o luns, 6 de febreiro, e prolongarse durante 10 días.
O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar.
O Concello de Santiago vén de decretar o peche temporal durante 90 días do canellón peonil que une o Campus Sur coa rúa Poza de Bar e que transcorre paralelo ao insitutuo Xelmírez I.
O peche, que conta co informe favorable da Polícía Local, realízase por motivos de seguridade, dada a proximidade dunha obra de construción dunha gardería e tendo en conta que o paso é utilizado diariamente por un amplo número de escolares deste instituto e do Pío XII.
Durante este período os usuarios poderán empregar como alternativa un canellón paralelo situado a 150 metros que desemboca na mesma rúa.
No proxecto da devandita obra está prevista a urbanización do entorno así como a construción dunha rampa para minusválidos e melloras do acceso, reivindicación histórica dos veciños da zona.
O Concello de Santiago de Compostela prega a todos os cidadáns desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar.